Como cada ano os alumnos de 4º guionizan, gravan e montan os seus propios vídeos musicais. Aquí tedes os dous realizados durante o curso 2024-25 Tamén vos deixo aquí outros vídeos musicais realizados en cursos anteriores:
O alumnado de 4º preparou a obra "Medias-memorias" para o proxecto 21 S(empre) da Rede Museística Provincial de Lugo Preme aquí para ver o vídeo Na exposición “21 S(empre)” , 21 artistas da Mariña , ou vencellados a ela, achegáronse ao Alzheimer a través dunha linguaxe tan poderosa como a arte, plasmando a súa reflexión nunha bolsa de tea. Para este proxecto contouse coa implicación de Caxigueiro, Juanel, Cristina Basanta, Mauro Leivas, Martín Lestao, Belén Mogo, Neira Brochs, Chus Lage, Carmen Llonín, Ignacio Castro “Nachok”, Galiensoup, Lu Vila, Julián Bouza, Alicia Puchades, Carmen Porteiro, Pedro Cabarcos, María Martín, David Catá, H. Xeada, Laura Díaz e coa redeira Mª Jesús Alonso López . Ás súas obras sumouse a nosa peza colectiva . Con este proxecto queremos visibilizar a presenza do Alzheimer e doutras demencias na vida cotiá de moitas persoas que nos rodean, así como a axuda que precisan e o imprescindible labo...
Comentarios
Publicar un comentario