Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

PROXECTO DUALIDADES

Imaxe
  Este curso 2021-22 volvemos a participar na iniciativa proposta pola asociación Tá en artes, coa que quixemos render homenaxe ao artista Quique Guerra. No noso centro levamos a cabo o proxecto dualidades formado por dúas obras, unha cúpula e un caligrama, que se expuxeron no Cenima de Foz xunto cas obras dos restantes centros escolares participantes.  A cúpula realizárona alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO. Está for mada por 50 triángulos de cartón, 30 isósceles e 20  equiláteros. O alumnado deseñou as dúas caras dos triángulos; nunha delas expresan  as súas impresións durante o confinamento e o illamento social; e na outra  cara, que corresponderá co exterior da cúpula, plasmaron a liberdade, a vida sen  restricións...    O caligrama realizouse na biblioteca sobre un taboleiro con forma circular pintado con acrílico, no que se marcou unha rede isométrica como guía para logo ir escribindo os diferentes versos; en cor negra sobre a parte branca (os medos) e en branco sobre o fond

ARTE 4ºESO

Imaxe
 O alumnado de 4ºESO realizarou durante este curso 2021-22 as súas propias interpretación dos distintos estillos artísticos. Aquí podedes ver os resultados: