PROXECTO DUALIDADES

 Este curso 2021-22 volvemos a participar na iniciativa proposta pola asociación Tá en artes, coa que quixemos render homenaxe ao artista Quique Guerra.

No noso centro levamos a cabo o proxecto dualidades formado por dúas obras, unha cúpula e un caligrama, que se expuxeron no Cenima de Foz xunto cas obras dos restantes centros escolares participantes. 

A cúpula realizárona alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO. Está formada por 50 triángulos de cartón, 30 isósceles e 20 equiláteros.

O alumnado deseñou as dúas caras dos triángulos; nunha delas expresan as súas impresións durante o confinamento e o illamento social; e na outra cara, que corresponderá co exterior da cúpula, plasmaron a liberdade, a vida sen restricións...

 








 O caligrama realizouse na biblioteca sobre un taboleiro con forma circular pintado con acrílico, no que se marcou unha rede isométrica como guía para logo ir escribindo os diferentes versos; en cor negra sobre a parte branca (os medos) e en branco sobre o fondo negro (os desexos).

Os textos foron creados polo alumnado de 2º e 4º da ESO.










Aquí vos deixo un enlace por se queredes ver a revista escolar completa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PARODIAS DE ANUNCIOS 3º ESO 2023