Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

POLÍGONOS

Imaxe
 Este ano os alumnos de 3º decoraron con composicións poligonais caixóns de madeira para practicar steps aerobic na clase de Educación Física Aquí tedes a mostra de como lles quedaron Polo día da EF na rúa @s alumn@s sacaron a pasear os caixóns e practicaron  steps aerobic no parque de Alfoz ENLACE AO VÍDEO Outros anos tamén fixemos traballos basados en polígonos: Mosaico na aula de plástica Vidrieiras na aula de plástica Ventás do corredor do primeiro andar

REDES MODULARES

Imaxe
  Todos os anos os alumnos de 4ºESO aplican as súas creación basasas en redes modulares no deseño de diferentes obxectos…Aquí tedes algúns exemplos: Enlace para ver máis  MASCARILLAS Enlace para ver máis  FUNDAS PARA MÓBIL Enlace para ver máis  ESTOXOS

YAYOI KUSAMA

Imaxe
 Este entroido 2021 quixémosllo dedicar á artista Yayoi Kusama. Os alumnos de primeiro pintaron dous biombos con puntos para usar como photocall e os de cuarto realizaron a súa versión da artista homenaxeada e un gran punto formado á súa vez por puntos. O entroido foi un puntazo!    Os alumnos de TIC de 4º ESO fixeron vídeos cas fotos, aquí tedes o realizado por Óscar:       ENLACE AO INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

Festival Imaxiña 2018

Imaxe
  No mes de abril do 2018 celebrouse a oitava edición do  festival da Mariña Imaxiña 2018  e, unha vez máis, alumnas do noso centro recibiron un recoñecemento ao seu traballo: Nerea Yáñez e Adâh Guisasola de 4º de ESO rebiciron o  premio de vídeo  sobre paisaxes da Mariña con imaxes nocturnas da costa e do interior. Máis información aquí

Videoclips e parodias de anuncios

Imaxe
  Videoclips e parodias de anuncios A finais do curso 2017 graváronse varios vídeos na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual: en cuarto cada alumna/o realizou un videoclip e en terceiro fixeron un vídeo con parodias de anuncios de publicidade.  Podedes velos nos seguintes enlaces:   VIDEOCLIPS ANUNCIOS

SEMANA DAS ARTES 2019 SUSO PEÑA

Imaxe
 No 2019 adicóuselle a semana das artes ao artista Suso Peña, os nosos alumnos presentaron para a exposición do Cenima os seguintes traballos ENLACE AO VÍDEO

PREMIO TÁ EN ARTES

Imaxe
No ano 2018 recibimos   o primeiro premio da creatividade artística   na categoría de secundaria, compartido co IES San Rosendo,  nos primeiros   premios Juan Puchades Quilis . Os nosos alumnos, presentaron un traballo sobre o  Patrimonio Inmaterial,   co a curtametraxe "Preguiceiro" e os proxectos "Patrimonio das palabras" e "Esculpindo a luz". Os departamentos que colaboraron foron os de Debuxo, Lingua Galega, Normalización Lingüística, Música, Teatro e Tecnoloxía.  O  PREGUICEIRO Curtametraxe realizada polos alumnos de 1º e 2º e está baseada en seis contos do libro  Contos populares da provincia de Lugo . É unha homenaxe aos contos populares que tan ben definen a idiosincrasia dos pobos.  O PATRIMONIO DAS PALABRAS Foi realizado polo alumnado de 4º e tivo como principal obxectivo traballar un aspecto do patrimonio inmaterial dun pobo, o léxico, que é vital para o mantemento da diversidade cultural fronte á crecente globalización. Presentáronse unhas mans

OBRADOIRO CO ARTISTA NEIRA BROCHS

Imaxe
Os alumnos de 4º do ano 2017 tiveron a sorte de contar co artista Neira Brochs para realizar unha escultura-vidrieira con materiais reciclados

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Imaxe
  Nerea Yáñez de 3º de ESO participou no I Concurso Humanísimos - Categoría Fotografía de Bibliotecas ESO, organizado pola Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol. Non acadou premio, pero a súa fotografía terá un tratamento especial xa que estará exposta durante o acto e incluirase na publicación en papel.

Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2017

Imaxe
 N a localidade veciña de Burela, celebrouse o  Festival Audiovisual Imaxiña  que valora a creatividade e orixinalidade na fotografía. Nesta edición Nerea participou cunha imaxe do mar e as rochas e con ela acadou un merecido  segundo premio.

SEMANA DE MARUJA MALLO

Imaxe
Con motivo da celebración da semana de Maruja Mallo, iniciativa proposta pola deputación provincial de Lugo, os alumnos de 1º de ESO realizaron cómics a partir de cadros da artista e os de 4º de ESO fixeron un mural nas gradas do instituto ca técnica do estarcido. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.              ENLACE ÁS FOTOS  

PROXECTO CAIXAS

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de primeiro de ESO no proxecto "caixas", Unha iniciativa da semana das artes plásticas da Mariña, no que, axudados pola artista plástica Cris Basanta, realizaron esculturas cos materiais de reciclaxe que atoparon dentro das caixas. ENLACE ÁS FOTOS

Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016

Imaxe
Pablo Goás Pardiñas  g añou o  primeiro premio de Fotografía   do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016.   Pablo presentara para o concurso unha imaxe con outra perspectiva da Torre de Pardo de Cela. Lucía Carreiras foi tamén unha d@s tres finalistas cunha orixinal imaxe do Sol. A VOZ DE GALICIA

MUSEO REGAL-XUNQUEIRA

Imaxe
 O s alumnos de 3º e 4º visitaron o Museo Regal-Xunqueira de Viveiro. Ademáis de percorrer o museo realizaron varias pezas de cerámica nun obradoiro impartido polo artista Otero Regal.

ANUNCIO DO VAL

Imaxe
Os alumnos de 3ºESO realizaron esta versión dos anuncios do Gadis adicado o noso Val

ARTE E RECICLAXE

Imaxe
  No contexto da Semana das Artes Plásticas da Mariña, no ies Alfoz-Valadouro leváronse a cabo o luns 25 de abril catro obradoiros de arte e reciclaxe organizados polo Departamento de Plástica en colaboración con Voz Natura. Baixo a supervisión de Cristina Basanta (artista mariñá), Neves Seara e Andrea Barreira (Aire Centro de Arte de Santiago) os alumnos elaboraron un mural ecolóxico, móbiles con materiais de refugallo, instrumentos musicais reciclados e  un retrato de Manuel María. ENLACE ÁS FOTOS A VOZ DE GALICIA CRÓNICA3

MANUEL MARÍA LETRAS GALEGAS 2016

Imaxe
  Con motivo da celebración das letras galegas 2016 o noso centro expuxo un retrato de Manuel María feito polos rapaces de 4º ESO con  tapóns reciclados . Este mosaico foi realizado no obradoiro de arte e reciclaxe en colaboración ca semana das artes plásticas da mariña e con Voz Natura.

OBRADOIRO CON LUCÍA VILA

Imaxe
 Con motivo da celebración da semana das artes da mariña os alumnos ilustraron lendas que eles mesmos recolleron na contorna do Val. Lucía Vila axudoulles a facelo neste obradoiro aos nenos de 1ºESO ENLACE ÁS FOTOS

OBRADOIRO DE GRAVADO CON XOSÉ BLANCO

Imaxe
  OSs alumnos de 4º ESO recibiron ó deseñador Xosé Blanco que lles ensinou os pasos a seguir para traballar coa técnica do linogravado, sistema de deseño co que se ilustraron as lendas da zona que os alumnos do centro recompilaron para participar no proxecto “Semana das Artes Plásticas da Mariña”. ENLACE ÁS FOTOS

OBRADOIRO CON HIPÓLITO XEADA

Imaxe
 D entro do marco da Semana das Artes Plásticas da Mariña, os alumnos de 3º ESO contaron coa visita do pintor e escultor Hipólito Xeada, quen lles ilustrou unha das lendas recollidas por eles. ENLACE ÁS FOTOS

Graffiti EN GALEGO

Imaxe
Aquí vos deixo un vídeo da realización do graffiti do patio, feito durante un obradoiro impartido pola asociación cultural  Vella Escola de Noia

Sen fronteiras: Luz e Cor. ARTE/EDUCA

Imaxe
 No 2011 participamos nunha exposición de varios centros educativos sobre a luz e a cor.  Aquí tedes o enlace a galería de fotos da actividade:  LUZ E COR

Letras Galegas 2013

Imaxe
 Polo ano 2013 os alumnos de 3ªESO realizaron un  vídeo coa lectura animada da obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño,  Integral