Publicacións

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA

Imaxe
 O IES Alfoz-Valadouro participou este ano por primeira vez na exposición da microrrede de bibliotecas da mariña cun traballo de título "Verbas no tempo" Trátasa dun dicionario ilustrado de palabras esquecidas ou en desuso da lingua galega. Os códigos QR centrais levan asociado un termo, coa ilustración correspondente e a súa definición.

POLÍGONOS

Imaxe
 En 3ºESO na 1º avaliación despois de estudar o tema dos polígonos aplicaron todo o aprendido para realizar estes deseños de vidrieiras  circulares en papel cebola que logo utilizamos como decoración navideña da nos biblioteca:

PEONZA ESTROBOSCÓPICA

Imaxe
 Para comezar o curso en 4°ESO realizamos unhas peonzas estroboscópicas, cas que poidemos observar ilusións ópticas realmente sorprendentes:

CÓMIC E CONTOS DOS INVERTEBRADOS

Imaxe
 Aquí tedes fotos da exposición realizada na biblioteca escolar do proxecto interdisciplinar realizado o curso 2021-2022 no que participaron os departamentos de Ciencias Naturais, Lingua Castelá e Plástica. Na exposición podedes ver as maquetas dos invertebrados acompañadas dun conto e un cómic referentes a cada un dos animais                                                                             

MÓDULOS 2022

Imaxe
 Aquí tedes os deseños de módulos realizados polo alumnado de 4ºESO. Neste curso aplicaron as súas ideas na realización de carpetas como podedes ver nas seguintes fotos:                                                                                          

ORLA 2022

Imaxe
 O alumnado de 4º ESO deseñou diferentes orlas para a promoción 2018-2022  Decidirse por unha foi difícil pero finalmente resultou seleccionada a  realizada por Daniela Valea:

PARODIAS DE ANUNCIOS 2022

Imaxe
 Aquí tedes as parodias de anuncios publicitarios feitas polo alumnado de 3º ESO.  Despois de realizar os guións foron seleccionados os anuncios de Noelia Paz, cunha parodia do spot publicitario de espetec Casa Tarradellas e o de Sara Otero ca súa especial versión do anuncio de Sprinter 2022 Vídeo dirixido por Noelia Paz Anuncio dirixido por Sara Otero