Publicacións

XELA ARIAS Letras Galegas 2021

Imaxe
 Con motivo da celebración das letras galegas o alumnado de 1º e 3º da ESO realizou láminas con témperas ao estilo Andy Warhol para homenaxear á escritora Xela Arias a quen se lle dedican as letras galegas este ano. Aquí tedes o resultado do seu traballo:

EXPOSICIÓN

Imaxe
 Hoxe inauguramos unha nova exposición con traballos do alumnado de 3º e 4º da ESO. Aquí tedes algunhas fotos das obras expostas:                                                                          3ºESO A partir de obras de arte famosas os rapaces e rapazas crearon as súas versións utilizando harmonías de cor diferentes ás orixinais     ENLACE ÁS FOTOS                                                                          4ºESO                                    Cada alumn@ realizou unha obra dun estilo artístico...

POLÍGONOS

Imaxe
 Este ano os alumnos de 3º decoraron con composicións poligonais caixóns de madeira para practicar steps aerobic na clase de Educación Física Aquí tedes a mostra de como lles quedaron Polo día da EF na rúa @s alumn@s sacaron a pasear os caixóns e practicaron  steps aerobic no parque de Alfoz ENLACE AO VÍDEO Outros anos tamén fixemos traballos basados en polígonos: Mosaico na aula de plástica Vidrieiras na aula de plástica Ventás do corredor do primeiro andar

REDES MODULARES

Imaxe
  Todos os anos os alumnos de 4ºESO aplican as súas creación basasas en redes modulares no deseño de diferentes obxectos…Aquí tedes algúns exemplos: Enlace para ver máis  MASCARILLAS Enlace para ver máis  FUNDAS PARA MÓBIL Enlace para ver máis  ESTOXOS

YAYOI KUSAMA

Imaxe
 Este entroido 2021 quixémosllo dedicar á artista Yayoi Kusama. Os alumnos de primeiro pintaron dous biombos con puntos para usar como photocall e os de cuarto realizaron a súa versión da artista homenaxeada e un gran punto formado á súa vez por puntos. O entroido foi un puntazo!    Os alumnos de TIC de 4º ESO fixeron vídeos cas fotos, aquí tedes o realizado por Óscar:       ENLACE AO INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

Festival Imaxiña 2018

Imaxe
  No mes de abril do 2018 celebrouse a oitava edición do  festival da Mariña Imaxiña 2018  e, unha vez máis, alumnas do noso centro recibiron un recoñecemento ao seu traballo: Nerea Yáñez e Adâh Guisasola de 4º de ESO rebiciron o  premio de vídeo  sobre paisaxes da Mariña con imaxes nocturnas da costa e do interior. Máis información aquí

Videoclips e parodias de anuncios

Imaxe
  Videoclips e parodias de anuncios A finais do curso 2017 graváronse varios vídeos na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual: en cuarto cada alumna/o realizou un videoclip e en terceiro fixeron un vídeo con parodias de anuncios de publicidade.  Podedes velos nos seguintes enlaces:   VIDEOCLIPS ANUNCIOS