Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

IMAXINA 2023

Imaxe
 No concurso anual imaxina 2023 organizado pola fundación Imdecum resultaron gañadoras dúas alumnas do noso centro, Lía Rodríguez gañou o 2° premio, e Julieta Inca o 1°, parabéns para as dúas! Aquí tedes a Julieta recollendo o seu premio e a continuación podedes ver a foto gañadora: Está foi a foto presentada por Lía e aquí podedes vela recollendo o seu premio:

STOPMOTION 2024

Imaxe
  O alumnado de 3º realizou no curso 2023-2024 animacións stopmotion que podedes ver no seguinte vídeo:

VÍDEOS MUSICAIS

Imaxe
  Como cada ano os alumnos de 4º guionizan, gravan e montan os seus propios vídeos musicais. Aquí tedes os dous realizados durante o curso 2024-25 Tamén vos deixo aquí outros vídeos musicais realizados en cursos anteriores:

PARODIAS DE ANUNCIOS 2024

Imaxe
O alumnado de 3ºrealizou guións parodiando diferentes anuncios publicitarios, dos que escollimos dous para gravalos e montalos. Aquí tedes o anuncio realizado co guión de Silvia Fernández, unha parodia do anuncio das patacas fritas lay´s Pola súa parte María Lozano realizou unha parodia dun anuncio de calzado deportivo:

MURAL AULA DE CONVIVENCIA

Imaxe
No 2023-24 organizouse no centro un concurso de debuxo para colocar un mural na aula de convivencia. A alumna gañadora foi Inés Martínez García cun deseño que leva por lema "Todos e todas contamos"

BANDA DESEÑADA

Imaxe
 Febreiro foi o mes da banda deseñada na nosa biblioteca, e con ese motivo o alumnado de 1° realizou debuxos de personaxes míticos do cómic. Aquí tedes algunhas fotos da exposición:

PORTALÁPIS CON DESEÑOS MODULARES

Imaxe
 Aquí vos deixo fotos dos portalápis deseñados polos alumnos de 4°do curso 2023-2024