Publicacións

ROMPENDO A CUARTA PAREDE

Imaxe
Inspirados no artista Andrew Scott o alumnado de 4º ESO creou esta serie de candros onde capturan momentos da vida cotidiá para logo atravesar a cuarta parede mesturándoos coa realidade. 

MEDIAS-MEMORIAS

Imaxe
O alumnado de 4º preparou a obra "Medias-memorias" para o proxecto 21 S(empre) da Rede Museística Provincial de Lugo Preme aquí para ver o vídeo Na exposición “21 S(empre)” ,   21 artistas da Mariña , ou vencellados a ela, achegáronse ao Alzheimer a través dunha linguaxe tan poderosa como a arte, plasmando a súa reflexión nunha bolsa de tea. Para este proxecto contouse coa implicación de  Caxigueiro, Juanel, Cristina Basanta, Mauro Leivas, Martín Lestao, Belén Mogo, Neira Brochs, Chus Lage, Carmen Llonín, Ignacio Castro “Nachok”, Galiensoup, Lu Vila, Julián Bouza, Alicia Puchades, Carmen Porteiro, Pedro Cabarcos, María Martín, David Catá, H. Xeada, Laura Díaz e coa redeira Mª Jesús Alonso López . Ás súas obras sumouse a nosa peza colectiva .  Con este proxecto queremos visibilizar a presenza do Alzheimer e doutras demencias na vida cotiá de moitas persoas que nos rodean, así como a axuda que precisan e o imprescindible labo...

MÓDULOS 2024

Imaxe
  Un ano máis o alumnado de 4º realizou deseños modulares cos que nesta ocasión crearon unhas caixas moi especiais:  

IMAXINA 2023

Imaxe
 No concurso anual imaxina 2023 organizado pola fundación Imdecum resultaron gañadoras dúas alumnas do noso centro, Lía Rodríguez gañou o 2° premio, e Julieta Inca o 1°, parabéns para as dúas! Aquí tedes a Julieta recollendo o seu premio e a continuación podedes ver a foto gañadora: Está foi a foto presentada por Lía e aquí podedes vela recollendo o seu premio:

STOPMOTION 2024

Imaxe
  O alumnado de 3º realizou no curso 2023-2024 animacións stopmotion que podedes ver no seguinte vídeo:

VÍDEOS MUSICAIS

Imaxe
  Como cada ano os alumnos de 4º guionizan, gravan e montan os seus propios vídeos musicais. Aquí tedes os dous realizados durante o curso 2024-25 Tamén vos deixo aquí outros vídeos musicais realizados en cursos anteriores: